O Concello de Ferrol realiza unha charla sobre consumo e facturación enerxética
O Concello de Ferrol, a través da Oficina Municipal de Consumo, organiza mañá unha charla sobre consumo e facturación de electricidade e outros. A iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia, terá lugar ás 19:00 horas no Carballo Calero.
Esta conferencia sobre consumo enerxético, será impartida por técnicos especializados e está dirixida ao público en xeral.











