O concello de Ferrol insiste no seu ofrecemento para dotar ao CEIP Ponzos dun comedor escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, insiste no seu ofrecemento para dotar ao Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Ponzos dun comedor escolar, con servizo de monitor e de cátering. A edil sinalou que o centro educativo poderá contar con comedor escolar “sempre e cando poña a disposición do Concello un espazo do centro para poñer en marcha dito servizo”.

Esta proposta, ofertada en numerosas ocasións polo Concello, foi reiterada na visita do alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e a concelleira de Educación aos nenos e nenas participantes no programa municipal “Actividades Extraescolares” en dito centro escolar, que tivo lugar o pasado día 1 de outubro. A Concellería de Educación xa valorou o custe de dotar ao CEIP Ponzos de comedor e servizo de catering, polo que o centro poderá contar co mesmo en canto poña a disposición da Administración local un espazo para a posta en marcha desta prestación demandada por unha parte da comunidade educativa de Ponzos.

14 de outubro de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.