O Concello de Ferrol entrega ao Club de Remo A Cabana unha nova traíña de competición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+
Entrega da trainera

Entrega da trainera

O Club de Remo A Cabana de Ferrol conta cunha nova traíña de competición coa que os seus remeiros poderán seguir mellorando as súas marcas e repetir logros como os dous Campionatos de España en categoría infantís logrados de maneira consecutiva este ano 2013 e o anterior. O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, acompañado da concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, visitaron esta tarde as instalacións desta entidade deportiva, coincidindo coa entrega da nova traíña cuxa compra o Concello de Ferrol destinou 36.269,75 euros.

A necesidade desta embarcación era unha vella demanda do Club de Remo A Cabana que foi atendida dende a Área de Deportes do Concello de Ferrol, dentro da política do Goberno Municipal de mellorar os medios dos que dispoñen os clubs deportivos da cidade, máis de 300. Así o sinalou Rey Varela ao subliñar que “temos o compromiso de apoiar o funcionamento, mantemento e realización das actividades que levan a cabo as entidades e clubs, a cuxos directivos quero agradecer o esforzo diario e o interese co que fan o seu traballo”. Ao respecto, o primeiro edil ferrolán engadiu que “dende o Concello de Ferrol temos que apoiar, e así o facemos, o maior número de actividades deportivas posible, teñan un maior ou menor seguimento, con especial atención ao deporte base ou de formación”.

Por último, o rexedor municipal felicitou de novo aos compoñentes Club de Remo A Cabana polos éxitos deportivos obtidos a pasada tempada e desexoulle sorte nas competicións que teñen por diante.

8 de outubro de 2013 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.