O concello de Curtis inviste 123.000 euros no novo xulgado e arquivo xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Inícianse en Teixeiro as obras de acondicionamento da terceira planta da Casa Consistorial, consistentes en habilitar a metade para o Xulgado de Paz e o resto para un arquivo moderno con capacidade para todas as áreas.

Na zona do Xulgado de Paz habilitaranse tres despachos novos (xuíz, secretaria e auxiliares) así como unha sala de visistas que non había e que facilitará o desenvolvemento dos xuízos.

Está prevista a dotación duns arquivos novos para o Xulgado e para o Rexistro Civil.

A actuación tamén considera o acondicionamento exterior de todo o edificio co selado de gretas e pintado.

9 de outubro de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.