O Concello de Cedeira aproba en pleno unha dedución do 35% sobre o IBI do rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal Portada
A-
A+

O pleno do Concello de Cedeira aprobou esta mañá a proposta do goberno municipal de aplicar unha dedución do 35% sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) na zona rural para neutralizar a suba dos valores catastrais a partir do 2014. A medida non recibiu ningún voto en contra (o PP votou a favor e o resto de grupos abstivéronse) na sesión plenaria celebrada esta mañá.

Unha iniciativa que entrará en vigor o próximo mes de xaneiro e que xorde tras o encontro celebrado a principios de outubro entre representantes do executivo local e o xerente rexional do Catastro en Galicia, Benito Bericochea Miranda. Deste modo, prevese que a gran maioría dos propietarios da zona rural non só non pagarán máis no 2014 por este concepto senón que mesmo pagarán menos que neste 2013. E coa solución formulada, evítase tamén que os propietarios asuman gastos profesionais por recursos e contenciosos que agora resultan totalmente innecesarios.

30 de outubro de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.