O Concello de Brión saca a licitación o servizo de limpeza do CEIP de Pedrouzos
O Concello de Brión saca a licitación o servizo de limpeza do colexio de educación infantil e primaria de Pedrouzos por un importe de 98.275,68 euros e cunha duración de 2 anos prorrogables ata un máximo de 4 anos. Os interesados poden presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello de Brión durante os vindeiros 15 días naturais, logo de que hoxe martes saíse publicado no Boletín Oficial da Provincia.
O adxudicatario deberá subrogar ás tres traballadoras que actualmente se están encargado deste servizo de limpeza, que ten lugar sobre unha superficie de 3.993 metros cadrados. Os pregos de cláusulas deste contrato están dispoñibles no “Perfil do Contratante” do Concello de Brión (www.concellodebrion.org). Máis información na Secretaría do Concello de Brión, teléfono 981 887006.











