O Concello de Boiro participa no Congreso Internacional de Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal PortadaXuventude
A-
A+

Boiro ten un intenso bagaxe en políticas de mocidade nos últimos anos. Dende o ano 2000, cando comezou o proxecto de apoio á creatividade xoven que tanto recoñecemento cosechou dentro e fora da comarca (Leñaverde) ata só fai uns días, cando se visualizou a través dun novo formato -o showroom- o potencial da mocidade creativa ca que se continua traballando dende Boiro, onde se leva anos insistindo en que a creatividade, como paso previo á innovación, é unha ferramenta moi útil para abordar os tempos que corren.

Esta precisamente é a temática do congreso que a Dirección Xeral de Xuventude traerá a Ribeira os vindeiros 25 e 26 de Outubro, a educación non formal, a educación social, a que se traballan por exemplo dende a administración local, como formación para o emprendemento, como motivación para a innovación en productos e formatos que abran novas posibilidades de futuro para a mocidade desta comarca.

O Concello de Boiro abrirá as intervencións do panel de experiencias en emprendemento xuvenil (día 25 ás 13h.) onde explicará as diferentes fases do proxecto Leñaverde, dende a animación sociocultural ao impulso de iniciativas locais de emprego: cooperativas formadas por mozos como é o caso de Sonaxe, actual xestora da escola de música municipal. O Concelleiro e os técnicos correspondentes do Concello de Boiro farán especial fincapé no momento actual das políticas de mocidade de Boiro, onde a respecto do emprendemento mozo e creativo se levaron a cabo nos últimos dous anos accións exitosas como os Pecha-Kucha e as Noites Abertas en colaboración ca asociación boirense de empresarios, a mesa redonda do día da muller traballadora onde se amosaron experiencias de autoemprego creativo en feminino ou os mercados de artesanía e showroom de creadores/emprendedores xóvenes da plataforma Creaturas.

22 de outubro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.