O Concello da Coruña pon en marcha o dispositivo especial de Todos os Santos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa do dispositivo especial con motivo da festividade de Todos los Santos, que considera un reforzo das liñas de buses e un servizo especial de regulación do tráfico e de control de estacionamento nas vías dos ámbitos dos cemiterios da cidade. O dispositivo iníciase esta mesma mañá e finalizará a tarde do 1 de novembro.

DISPOSITIVO TRANSPORTE URBANO COLECTIVO

Para facilitar aos cidadáns a visita aos diferentes camposantos da cidade, ata o próximo 2 de novembro, amplíase ata as 19.00 horas o horario de apertura. Ademais, refórzase o servizo de transporte público co obxectivo de que, cada 15 minutos, aproximadamente, os veciños teñan á súa disposición un autobús que os traslade aos diferentes cemiterios. Deste modo:

. Cemiterio de San Pedro de Visma. Liñas 3 e 3 A. O 1 de novembro reforzaranse as liñas para que circule cada unha delas cunha frecuencia de 30 minutos cada unha delas e unha frecuencia combinada de ambas as dúas de 15 minutos.

. Cemiterio de San Amaro. O día 1 reforzarase a liña 11, que circulará cunha frecuencia de 17 minutos. Ademais, os cidadáns dispoñen das liñas 4, 5, 6, 6 A, 7 e 17.

. Cemiterio de Feáns. Liñas 23 e 23 A. Os días 31 e 1 ambas as dúas liñas de reforzarán con dous autobuses, o que permitirá que cada unha delas circule cunha frecuencia de 30 minutos e unha frecuencia combinada de 15 minutos.

DISPOSITIVO DE TRÁFICO

O obxectivo do dispositivo é favorecer a mobilidade de persoas e vehículos, en especial o día 1 de novembro; procurar a fluidez nos accesos e saídas dos cemiterios; e axilizar a circulación nas zonas de maior incidencia evitando a dobre fila.

30 de outubro de 2013 | 10:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.