O Concello da Coruña organiza talleres infantís sobre o Plan RUA nos centros cívicos municipais
O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición dos Talleres do Plan RUA, que se celebrarán ao longo das próximas semanas nos centros cívicos municipais.
Os axentes ambientais visitarán os centros de Santa Margarita, Monelos, Palavea, San Diego, Artesáns e Novo Mesoiro, onde darán a coñecer o seu personaxe estrela: Ruita, quen lles presentará aos nenos e nenas a importancia de manter o seu barrio e a súa cidade limpos, e que reciclar é fundamental para ter un futuro mellor.
A educación ambiental máis divertida será grazas aos xogos que Ruita trae nesta nova etapa de Talleres do Plan RUA: Limpa encestando, El xogo de RUA, El crebacabezas preguntón e PasaRUA. Pódese consultar o calendario das próximas actividades na páxina web do proxecto www.planrua.es, e a través das redes sociais: https://twitter.com/PlanRua e www.facebook.com/planrua.











