O club KDM Cabanas xunto co Concello retoman as rutas de sendeirismo
O Concello de Cabanas en colaboración co club KDM Cabanas retomará esta fin de semana as súas rutas de sendeirismo polo Concello. A cita será o próximo domingo, 20 de outubro e a saída da mesma está prevista para as 10:00 horas da mañá. O lugar de encontro será o antigo campo de fútbol da Madalena e o destino as Fragas do Eume, a través da coñecida como ruta dos encomendeiros, rematando no Refuxio A Figueira.
A duración aproximada desta ruta será de tres horas, para cubrir unha distancia de 7,5 kilómetros, e a súa dificultade baixa. Desde a organización recoméndase levar botas de montaña ou trekking xa que o chan será pedregoso.











