O club deportivo A Pena, de Marín, comeza a súa andaina no fútbol sala

Presentación do equipo A Pena
O novo club deportivo A PENA comeza a súa andaina como locais na Liga de Fútbol Sala na categoría de Local, organizada pola Federación Galega de Fútbol Sala. Farano este próximo mércores día 23 ás 21.30 horas no Pavillón Municipal da Cañota.
O novo club xa debutou a semana pasada na competición como visitante arrancando un empate a 3 ante un dos candidatos ao ascenso.
Entre os obxectivos da nova entidade están o de practicar a actividade Física e Deporte como aspecto vital para a mellora da calidade de vida e practicar o deporte de competición de forma federada e regulada. Tamén intentarán conseguir a participación en categorías superiores buscando desta forma, a motivación e o esforzo enfocado á superación dos seus integrantes.
O club agradece a involucración dos distintos patrocinadores que se uniron ao proxecto así como á Concellaría de Deportes do Concello de Marín, esperando a asistencia do maior número posible de espectadores. ENTRADA GRATUÍTA.











