O club Atlético San Pedro organiza un curso de primeiros auxilios para todo o seu corpo técnico
O club Atlético San Pedro organiza este venres día 11 ás 20 horas un curso de primeiros auxilios destinado a todos os compoñentes do seu corpo técnico e delegados da institución. A xornada formativa terá lugar ás 20 horas no local social do club e estará dirixida pola técnico sanitario Ursula Nieto González. O obxectivo é que os responsables das distintas categorías conten coa formación mínima para atender unha posible emerxencia durante o desenvolvemento dun adestramento ou nun partido.











