O CIM de Palas de Rei promove a igualdade de xénero entre os xóvenes cun proxecto de coeducación
O Concello de Palas de Rei, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e coa axuda da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, atópase inmerso desde hai varias semanas, no Proxecto denominado: “Educamos para ser iguais. Proxecto de coeducación nos centros de ensino de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso”.
O proxecto Coeducativo, pretende o fomento de valores igualitarios por razón de sexo/xénero nos diferentes niveis do sistema educativo, tanto no ciclo inicial da Educación Infantil e Educación Primaria, a través de programas formativos orientados á resolución pacífica de conflictos como base para unha aprendizaxe de respecto e a igualdade, como no ciclo de Educación Secundaria e Bacharelato, a través de actividades e talleres con contidos orientados a previr a violencia contra as mulleres, todo isto, co fin de reforzar unha educación baseada na non violencia que potencie a tolerancia cero ante actitudes deste tipo e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero, así como a difusión dunha cultura de Igualdade.
O lugar da realización das actividades será nos Centros Educativos de Primaria, Secundaria e Bachelerato dos Concellos implicados e os destinatarios serán os nenos e nenas, rapaces e rapazas de todos os concellos que integran o Programa promovido polo CIM de Palas de Rei.
Trátase dun proxecto “Educamos para ser iguais. Proxecto de coeducación nos centros de ensino de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso”que dá continuidade as actividades postas en marcha nos anos anteriores e que consisten en impartir diferentes contidos temáticos o longo do curso escolar en sesións dunha hora de duración.
Desta maneira, os responsables do CIM de Palas de Rei pretender loitar contra problemáticas como a violencia de xénero, un fenómeno que cada ano rexistra un aumento de casos denunciados no servizo de ámbito comarcal.
Tamén o CIM de Palas de Rei está, nestes intres, a traballar noutras liñas de actuación en accións de prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade, neste senso, desenrolaranse unha serie de actividades como:
-1º. A elaboración dunha curtametraxe, no que participarán o alumnado do IES de Palas de Rei, mediante o cal, a actividade consta de dúas fases; unha primeira na que se explicará ó alumnado os conceptos básicos da violencia de xénero e que lle axuden a diferenciar a violencia de xénero doutros tipos de violencia presentes na sociedade actual, con posterioridade, elaborarase un guión no que se escenifique unha situación relacionada coa violencia de xénero, xa na segunda fase da actividade, e a través de persoal especializado gravarase unha curtametraxe que con posterioridade será visualizada nun acto público coa entrega de copias a sociedade en xeral.
-2º.Obradoiro de valoración e defensa persoal. Dirixido a mulleres co obxectivo de ensinar técnicas de asertividade e valoración persoal para reforzar a autoestima, impartido por persoal especializado e levaranse a cabo sesións de defensa persoal para aprender a aumentar a seguridade a través do uso do corpo. Os contidos deste Obradoiro son: resolución de conflictos, tipoloxías de agresores, tácticas de defensa persoal, técnicas especificas de defensa persoal femenina. As interesadas está aberto o prazo de inscripción gratuíta no CIM de Palas de Rei.
-3º. O domingo 24 de novembro, ás 18:00h., terá lugar a representación dunha obra de teatro ámbientada na temática da violencia de xenero, a representación correrá a cargo do Grupo de Teatro Palense Alentía, a obra dunha duración de 55 minutos procura un achegamento ó público infantil de valores como a igualdade a solidariedade e o compañerismo. En canto ao sinopsio da obra, trata dun grupo de intrépidos rapaces/as da actualidade que deciden solicitar axuda á heroes e heroínas dos comics e das series de debuxos animados para iniciar a viaxe ó pais da igualdade que se atopa no corazón dunha Fraga galega.
-4º. Do día 11 ó 17 de novembro no IES de Palas de Rei podrase ver a exposición “ Cartas de Amor”. Unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e mocidade acompañada dun obradoiro práctico explicativo da Mostra, no mesmo lugar da exposición. Esta exposición, ven promovida pola Secretaría Xeral de igualdade da Xunta de Galicia, no marco do acordo de colaboración asinado entre este departamento e a FEGAMP, para a conformación dunha rede de entidades locais, contra a violencia de xénero no que o Concello de Palas de Rei foi seleccionando para desenvolver está actividade.