O ciclo “Música da ilustración” traerá ao Jofre ás orquestras de música “Acordada” e “Gaos”
A programación da nova tempada de espectáculos no Teatro Jofre da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol continúa mañá, xoves día 3, coa actuación da Orquesta Música Acordada. O concerto da orquestra barroca dará comezo ás 20:30 horas no Teatro Jofre e forma parte do ciclo de “Música da Ilustración”.
Os amantes da música clásica poderán gozar este fin de semana cunha nova cita de “Música da Ilustración”. Así, a Orquesta Gaos subirase o domingo, a partir das 19:30 horas, ao escenario do teatro municipal. Esta formación, dirixida por Darío Mariño, conta con músicos de toda Galicia e na súa maioría estudantes e profesores dos principais conservatorios galegos.











