O choque entre Azkar Lugo e Hospital Llevant Manacor será retransmitido por televisión o 18 de outubro
Energy TV elixiu o partido Azkar Lugo – Hospital Llevant Manacor como o choque da 7ª xornada para ofrecer en directo a través da súa canle. Por este motivo o choque entre lucenses e baleares disputarase o venres 18 de outubro a partir das 21:00 horas.
Ademais esa mesma semana, o martes 15 de outubro, o Azkar tamén xogará como local na única xornada entresemana prevista para esta tempada. Ese día os azuis recibirán a partir das 21:00 horas ao Xota Navarra dentro da 6ª xornada ligueira.











