O Centro Torrente Ballester acolle a posta en escena do microteatro “Happy end”

Happy end
O microteatro Happy End será representado este xoves, día 24, no escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo “As Noites en Capela”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. A peza comezará ás 21:00 horas e as entradas pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do Teatro Jofre ou ben a través de Internet, na páxina www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).
Happy End é unha peza de microteatro ideada para un espazo íntimo e representada para un aforo aproximado de 15 persoas. Un pequeno conto sobre o amor, unha microcomedia romántico musical ao estilo Voadora. A premisa da obra é “ben está o que ben remata, pero polo camiño ás veces, que mal se pasa”.











