O Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago, acolle unha exposición de Fran Lareo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Fran Lareo

Fran Lareo

O Centro Sociocultural de Santa Marta acolle do 22 de outubro ao 5 de novembro a exposición de escultura Pequeno formato, de Fran Lareo. A exposición amosa dez traballos do autor en pequeno formato que queren ilustrar o “pequeno mundo do artista”. Fran Lareo é un escultor autodidacta que nos achega toda a súa creatividade e paixón polos pequenos obxectos que xorden da súa relación reflexiva e fluída coa fantasía.

Esta mostra de Fran Lareo pode visitarse no horario do CSC de Santa Marta, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

21 de outubro de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.