publicidade hoxe

O Centro Nosa Galicia en Xenebra acolleu a celebración da festa do Rosario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTordoia
A-
A+
Veciños de Tordoia que viven en Suiza viviron unha xornada moi especial

Veciños de Tordoia que viven en Suiza viviron unha xornada moi especial

A amplia comunidade de veciños de Tordoia que viven en Suiza viviron unha xornada moi especial a pasada fin de semana coa celebración da súa particular homenaxe á Festa do Rosario que todos os anos se desenvolve na parroquia de Anxeriz na horna desta Virxe. Así, e de xeito paralelo á festa que tiña lugar en Tordoia, unha comisión organizada a tal efecto celebrou en Xenebra a Festa do Rosario coa presenza de máis dun cento de persoas, entre as que se contaron o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e o tenente de alcalde, Amadeo Cancela.

A celebración, á que acodiron persoas vencelladas a Tordoia de toda Suiza, tivo lugar no local da sociedade A Nosa Galicia, unha das agrupacións de emigrantes de Tordoia que traballan arreo en actividades culturais, deportivas e gastronómicas para o colectivo. Pero quen levou o peso da organización desta celebración foi un grupo de mulleres de Anxeriz: María Estrella García, Mercedes Suarez, Carmen García, Esperanza Suárez, Sandra García y María Carmen García, que asumiron as tarefas de organización desta festa, que chega a súa cuarta edición en Suiza. Co seu esforzo e coa complicidade de todo o colectivo foi posible celebrar unha cea tan especial que rematou cunha actuación dun dúo musical.

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, explicou que “para nós é unha satisfacción ter tomado parte nesta celebración que consegue reunir a todos estos veciños que manteñen tan fortemente e con tanto agarimo as fondas raíces que os unen con Tordoia” .

9 de outubro de 2013 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.