O Centro Neural de Gondomar acollerá unha xornada sobre a promoción do comercio en internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A Antena Cameral do municipio da Cámara de comercio en colaboración coa Concellaría de Comercio do Concello de Gondomar organiza a xornada Cómo promover o comercio en internet, que correrá a cargo de Álvaro Gómez Vieites.

O curso, organizado no marco do Programa Europeo Antenas Camerales (cofinanciado polo Fondo Social Europeo), abordará temas como a situación do comercio electrónico en España e no mundo, as posibilidades que ofrece o comercio electrónico a unha PEME, a promoción on-line mediante a publicidade dixital, os e-commerce ou o auxe do showrooming, entre outros, ademais de estudar algúns casos de éxito.

A cita terá lugar no Centro Neural o próximo 29 de outubro (martes) de 17.00 a 21.00 horas. As prazas para asistir son limitadas (20) e outorgaranse por orde de inscrición. A asistencia é gratuíta.

Os interesados/as en participar deberán poñerse en contacto coa oficina en Gondomar, chamando ao número 986 369 900 ou ben no correo electrónico: gondomar.camaravigo@mundo-r.com

24 de outubro de 2013 | 13:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.