O centro goianés acolle a exposición pictórica “Antonio Fernández: pintor de tres mundos”
A exposición “Antonio Fernández: Pintor de tres mundos”, será inaugurada no Centro Goianés, mañá venres, 4 de outubro de 2013, ás 20.00 horas.
Organizada polo Concello de Tomiño e a Comisión Antonio Fernández, a mostra está composta por unha vintena de cadros (entre os que se atopan paisaxes, escenas costumistas, retratos, etc.) procedentes de fundacións (Xavier Pousa, Mª José Jove, etc.), galerías de arte (José Lorenzo. Santiago; Montenegro. Vigo), Museo Quiñones de León e coleccións particulares.
A exposición, comisionada polo crítico de arte Carlos L. Bernárdez, permanecerá aberta ata o domingo 20 de outubro, en horario de mañá e tarde. Ademais haberá visitas guiadas, os martes, mércores e xoves, de 19.00 a 21.00 horas.
Esta exposición é unha das actividades enmarcados dentro do “Ano Antonio Fernández. 2013-2014”, celebrado a modo de homenaxe póstumo.
Antonio Fernández Gómez, 1882-1970, naceu en Goián (Pontevedra), e formouse no Brasil, país ao que emigrou de mozo, e en Italia, retornando logo á súa terra, onde continuou pintando e foi mestre doutros grandes artistas, como o tamén goianés, Xavier Pousa.
Con respecto á súa pintura, e segundo Santiago Ramón y Cajal (“El Mundo visto a los ochenta años”): “Son de encomiar por belleza y fidelidad a la honrada pintura tradicional, los paisajes de Fernández Gómez”.











