O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu a presentación da “Noite Meiga” de Ribadavia

Presentación da “Noite Meiga” de Ribadavia
O Centro Cultural “Marcos Valcarcel” da Deputación de Ourense acolleu esta mañá a presentación da 13ª edición da “Noite Meiga” de Ribadavia. O acto contou coa presenza do asesor de Cultura da Deputación, César Fernández; a presidenta da asociación “Ribadavia Activa-T”, Bárbara Gándara, e Alba González, directiva desta asociación. O evento, organizado pola asociación “Ribadavia Activa-T”, celebrarase o vindeiro sábado, 2 de novembro en Ribadavia.
Este evento conta cun intenso programa de actividades que se pode consultar na web http://noitemeigaribadavia.blogspot.com.es/, entre as que destaca o gran desfile da Noite Meiga, con saída dende o instituto de Ribadavia ás 22:00, a pasaxe do terror ou o concerto fin de festa a cargo do grupo “Niños Velcro”.
O evento, organizado pola asociación “Ribadavia Activa-T”, celébrase o vindeiro sábado, 2 de novembro.











