O centro cultural de Sigüeiro acolle un concerto gratuíto dos profesores da Aula de Música de Oroso
O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este venres 11 de outubro, a partir das 20:00 horas, un concerto a cargo dos profesores da Aula de Música de Oroso. Unha actuación de participación totalmente libre e de balde que servirá para celebrar o inicio do curso 2013-2014.
O director da Aula de Música de Oroso, Juan Salgueiro, adianta que “ofreceremos unha selección variada de pezas no que terán cabida ritmos clásicos e tamén unha parte importante de jazz”. Esta será a primeira ocasión na que os profesores da Aula de Música de Oroso ofrezan un concerto de inicio de curso e forma parte dunha programación que incluirá actuacións dos alumnos e alumnas do centro en datas sinaladas como Aninovo ou peche de curso.











