O centro cultural de Sigüeiro acolle a presentación do libro “Soñadores sin porvenir” de Constantino Cuesta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá venres 3 de outubro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “Soñadores sin porvenir”, obra de Constantino Cuesta Ibáñez, veciño de Oroso. Un acto aberto ao público no que estará acompañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e por Silvia Barreiro, en representación de Finis Terrae Edicións.

Constantino Cuesta Ibáñez naceu en Baracaldo (Vizcaia) en 1959, pero o espírito trashumante dos seus pais fixo que desde moi pequeno se asentara en Santiago de Compostela, onde rematou os seus estudos de menciña e cirurxía (1982). Durante varios anos percorre unha gran parte dos municipios da área sanitaria de Santiago ata que en xaneiro de 2006 se asenta en Oroso, onde é médico de atención primaria do centro de saúde de Sigüeiro.

Entre 1995 e 2006 ten unha maior dedicación á escritura, aproveitando os últimos días da súa estancia en Melide para xestar a súa primeira novela, “Herdeiros da miseria”, publicada tamén por Finis Terrae ediciones. “Soñadores sin porvenir” conta a historia de varios veciños dun mesmo pobo pero diferentes en canto a ideais durante a Guerra Civil. Uns personaxes que porán ao lector cara a cara coa miseria, coa humillación, coa enfermidade e coa morte. Además da escritura, Cuesta Ibáñez ten realizado múltiples exposicións de pintura por toda Galicia. Unhas obras que poden contemplarse no seu blog: pinturaalcubo.blogspot.com.

3 de outubro de 2013 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.