O CEIP Emilio González López de Lema organiza un acto de recordo para a súa ex directora Juana Yáñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Memorial en recordo á exdirectora

Memorial en recordo á exdirectora

O CEIP Emilio González López de Lema organizou esta mañá un memorial en recordo da directora do colexio, Juana Yánez Casal, que faleceu o pasado mes de agosto de forma repentina. Os alumnos e profesores do centro educativo cambrés quixeron recoñecer o labor educativo e formativo dunha persoa que contribuíu durante moitos anos a mellorar a calidade educativa do centro. “Juana nunca deixou de preocuparse polas necesidades dos escolares e dos seus compañeiros de traballo e por iso foi unha persoa tan querida. Sempre perseguía a mellora constante do colexio e dende o concello cónstanos o moito que logrou pola educación cambresa”, apunta a concelleira de Educación, María Jesús González.

O acto principal consistiu na lectura por parte dos alumnos dos recordos cara á súa ex directora, e na plantación dunha oliveira, un desexo que Yánez quería levar a cabo para este curso. Segundo a directora actual, María Luisa Méndez, “a plantación desta árbore responde a un desexo de Juana e todos acordamos que este era o lugar idóneo, o mesmo que ela pensaba en reformar,” apuntou.

Por outro lado, Xabier PÁX. Docampo, antigo profesor do centro, e literato de recoñecido prestixio que dá nome a unha das tres bibliotecas municipais de Cambre, na Barcala, leu un poema que emocionou os máis de 200 asistentes.

23 de outubro de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.