O cásting de “Cuando la curisodad te mata” que se está a realizar en Vilagarcía solicita máis varóns de 16 a 20 anos
O colectivo Videos Creativos continuará o xoves pola tarde o cásting para a selección das persoas que intervirán na curtametraxe de misterio “Cuando la curiosidad te mata” que se rodará no mes de novembro na mansión dos Duques de Terranova. Os promotores desta iniciativa sen ánimo de lucro solicitan animan a acudir á proba máis varóns de idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos, xa que foron moi poucos os candidatos deste perfil que se inscribiron é precisan elixir aos tres protagonistas masculinos.
Os integrantes do colectivo de Vides Creativos amosáronse moi satisfeitos pola expectación que está tendo o proxecto de “Cuando la curiosidad te mata”, así como pola elevada acollida que tivo o cásting, no que se apuntaron 130 persoas. Eta foi a razón pola que o venres non dou tempo a realizar a totalidade das probas ante a cámara, pola que o xoves 24, a partir das 17 horas citaranse ás 60 persoas que quedaron pendentes de realizar as probas. A estes poderán sumarse os mozos de 16 a 20 anos que queiran probar, aínda que non se anotaran o pasado venres na que a maior parte dos aspirantes eran rapazas adolescentes.
Por outro lado, os promotores pregan aos establecementos, firmas ou particulares que desexen colaborar con este proxecto que se poñan en contacto con eles ou ben se dirixan ao Auditorio. Lembran que se trata dunha iniciativa sen ánimo de lucro, que eles mesmos financian, polo que o único que precisan é que alguén colabore aportando bebidas e alimentos para repartir entre o equipo e os actores os días de rodaxe.











