O Carballiño acolle o circuito de teatro Amador de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Dende o próximo 6 de outubro o auditorio do Carballiño acolle o Circuíto de teatro Amador de Galicia, que se sucederá durante os seguintes fins de semana ata o día 27 de outubro. Este festival de teatro, organizado polo grupo Tiruleque do Carballiño, traerá ata O Carballiño ao grupo de teatro O Aturuxo de Melpómene, coa obra “Cipriano de Bequelar”, o domingo 6 de outubro ás 19:00 horas.

O seguinte domingo, 13 de outubro, a quenda será para Hipócrita Teatro coa obra “Unha historia con pau”, tamén ás 19:00 horas. O grupo Teatro do Vilar actuarán o domingo 20 coa obra “Baixar ou mouro” e por último o domingo 27 os encargados de encher o escenario do auditorio carballiñés serán Teatro Escoitade coa súa obra “A fatídica festa do ano da serpe”.

Todas as obras serán no auditorio do Carballiño, ás 19:00 horas, cun prezo de entrada de 3 euros.

 

4 de outubro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.