O “Cabaret picante” de Beatriz Rico clausura o festival do humor de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Festival do Humor chega este venres ao seu fin coa actuación da popular e televisiva Beatriz Rico que, para a ocasión, porá en escena un picante espectáculo ao puro estilo do cabaret. Será a partir das 21:00 horas no Auditorio e o prezo da entrada é de 7 euros. Trátase dun espectáculo para maiores de 16 anos.

“Mejor viuda que mal casada” é o título do peculiar monólogo que protagoniza Beatriz Rico e que ela mesma di que está especialmente destinado “a mulleres intelixentes e sen complexos, e a todo tipo de homes”. Trátase dun espectáculo de 90 minutos de duración para qeu o público ría a perna solta.

“Mejor viuda que mal casada” conta a historia de Patricia, unha moza que pasouno moi mal porque era fea. Tan fea que a súa nai quixo cambiala nada máis nacer, poro non a puido colocar. Agora, crecidiña e tras curtirse na escola, Patricia conseguiu converterse nunha muller de bandeira, ademais de nunha devorahomes que decide tomar a xustiza pola súa man.

Trátase dunha obra escrita pola propia actriz e que inclúa algúns gags baseados nas súas propias experiencias vitais. Xogos de palabras, picardías, experiencias sexuais e ata cancións de cabaret forman parte dun espectáculo.

As entradas pódense adquirir anticipadamente a través da web www.servinova.com e no teléfono 902 504 500. O mesmo día da función, na billeteira do Auditorio dende as 19:00 horas.

21 de outubro de 2013 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.