publicidade hoxe

O Burgo acolle un ciclo de teatro afeccionado en outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O teatro afeccionado chega este mes de outubro a Culleredo cunha ampla programación. O grupo cullerdense Carfax Teatro, en colaboración co Concello, organiza este programa, incluído no Circuíto Galego de Teatro Amador, da Federación Galega de Teatro Afeccionado.

Serán un total de 4 obras as que se representen no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A estrea terá lugar este sábado, 12 de outubro, coa obra “Unha historia con pau”, de Hipócrita Teatro, ás 19.30 horas. Está pensada para un público familiar.

O programa proseguirá o sábado 19. É o seguinte:

– Sábado 19. 20.30 horas. “Misericordia”, de Lúa do Sul

– Venres 25. 20.30 horas. “Sánatos”, de Paso de Valverde

– Sábado 26. 20.30 horas. “Tres”, de Enxebre.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreido, destaca a “calidade” que hoxe en día ofrece o teatro afeccionado galego, polo que anima os veciños a acudir ás representacións. Este ciclo de teatro afeccionado únese a outras propostas desta modalidade, tanto a nivel profesional como de agrupacións locais, o que converten a Culleredo nun “referente” para o cultivo desta variedade cultural.

8 de outubro de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.