O barrio ordense do Piñeiro honra a San Francisco de Asís cunha festa popular

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+
Actuación durante os festexos

Actuación durante os festexos

Os veciños, veciñas, así como numerosos visitantes disfrutaron das festas do barrio ordense do Piñeiro na honra de San Francisco de Asís. Unha xornada de celebración que contou na mañ´s de hoxe coa música tradicional do grupo Faíscas da Pontraga, ademais das actuacións da  Asociación Folclórica Sementes da Arte.

A cantante local Tania Veiras foi a responsable de dar o pregón e desexarlle unhas boas festas a todos os asistentes. Para amenizar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna estivo a orquestra Madeira, ademais do grupo local de rock Superoito.

5 de outubro de 2013 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.