O barrio ordense do Piñeiro celebrará a festa maior na honra de San Francisco de Asís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOrdes
A-
A+

O barrio ordense do Piñeiro celebrará mañá sábado o seu día grande na honra de San Francisco de Asís. Unha xornada de celebración e festa que dará comenzo a partir das 11 horas coa música e o pasarrúas protagonizado polo grupo Faíscas da Pontraga. Seguidamente, ás 13 horas, terá lugar unha misa solemne que se celebrará no mesmo campo da festa.

Xa a partir das 14 horas cederáselle o testigo á cantante locas Tania Veiras, que este ano será a responsable de dar o pregón e desexarlle unhas boas festas a todos os asistentes. Tamén teñen confirmada a súa asistencia neste día os integrantes da Agrupación folclórica Sementes da Arte, que interpretarán e bailarán en directo unha selección do mellor do seu repertorio. Amenizando a sesión vermú estará a orquestra Madeira, que volverá a subir ao escenario na verbena nocturna. Esa mesma noite terá lugar o II Festival Rock, que nesta ocasión contará coa actuación do grupo local Superoito, a partir das 21 horas

4 de outubro de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.