O Azkar prepara a visita do Barça deste venres a Lugo
Tras sumar un novo empate en liga en Zaragoza e afastarse polo tanto a seis puntos do descenso, o Azkar Lugo regresou hoxe luns ás sesións de adestramentos para comezar a preparar o seu próximo compromiso ligueoro, o que lle enfrontará este venres (20:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) ao FC Barcelona Alusport dentro da 9ª xornada de liga en 1ª división.
Os lucenses regresaron hoxe ao traballo coñecendo que Diego Núñez sofre un esguince leve de xeonllo, lesión que se produciu o pasado venres tras caerlle un xogador rival encima. Pola súa banda Cospe, recuperado xa da súa lesión, comezará a incorporarse ao traballo co resto do grupo ao longo da semana do mesmo xeito que Chano quen se perdeu o último compromiso en terras mañas por lesión.
Horarios de adestramentos:
Luns 28:
12:00 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Martes 29:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Mércores 30:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Xoves 31:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Venres 1:
20:00 horas: 9ª xornada de liga: Azkar Lugo – FC Barcelona Alusport (Palacio Municipal dos Deportes de Lugo).
Sábado 2:
Descanso.
Domingo 3:
Descanso.











