O Azkar Lugo xuvenil arranca a liga cunha contundente vitoria sobre o Bueu

Encontro do Azkar Lugo e o Bueu
O Azkar Lugo xuvenil arrincou a liga 13/14 cunha contundente vitoria sobre o Bueu (9-2). Os lucenses comezaron ben o choque anotando aos tres minutos, aínda que os pontevedreses aproveitarían a expulsión do meta lucense Alexandre para en superioridade facer o 1-1. Pero a alegría aos visitantes duroulles pouco xa que viron como o Azkar adiantábase ao minuto seguinte e ao descanso ata deixaba sentenciado o choque cun claro 5-1. No segundo periodo os lucenses mantiveron a iniciativa e control de partido para non permitir ao seu rival meterse no choque.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 9: Alexandre, Costoya, Alex, Koke e Jose, -cinco inicial-, Losada, Pablo, Brais, Yago Balsa e Rubén.
Bueu 2: Aarón, Iñigo, Raúl, Sergio e Pablo, -cinco inicial-, Anxo, Martín, David, Luís e Abel.
Árbitros: David Castro e Jordi Villanueva (Lugo).
Incidencias: 1ª xornada da liga nacional xuvenil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min. 3 Alex, 1-1 min. 9 David, 2-1 min. 10 Pablo, 3-1 min. 12 Brais, 4-1 min. 12 Jose, 5-1 min. 14 Costoya, 6-1 min. 23 Costoya, 7-1 min. 26 Losada, 8-1 min. 29 Brais, 8-2 min. 35 Alex (propia porta) e 9-2 min. 36 Costoya.
O xuvenil xoga este domingo a partir das 12.30 horas no Pavillón de As Travesas ante o IES Coruxo.
O cadete arrinca con vitoria
O equipo cadete autonómico que un ano máis dirixe Félix Julio tampouco fallou no seu estreo e así venceu con rotundidade ao Concello de Vigo IES Coruxo por 4 goles a 0, superioridade que xa quedou demostrada ao descanso cunha renda de tres tantos, ademais de realizar unha gran defensa.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 4: Esmorís, Yago, Marcio, Cley e Pablo, -cinco inicial-, David, Roi, Adri, Marcos, Jesús, Pedro e Carlos.
Concello de Vigo IES Coruxo 0: Juan, Samuel, Rubén, Tomás e Óscar, -cinco inicial-, Fabio, Torres, Xoaquín, Alfonso e Francisco.
Árbitro: Manuel Saa (Lugo).
Incidencias: 1ª xornada da liga autonómica cadete. Centro Deportivo Terra.
Goles: 1-0 min.9 David, 2-0 min. 16 Yago, 3-0 min. 19 Adri e 4-0 min. 39 Adri.
O cadete xoga este sábado desde as 12:00 horas no Pavillón Vista Alegre ante o Burela FS.
O infantil tampouco fallou
O equipo infantil que este ano dirixe José González arrincou tamén con vitoria ante o Coruxo (4-1) e fíxoo tras unha primeira metade sen un claro dominador. Tras adiantarse os visitantes, o Azkar empatou ao bordo do descanso. Tralo descanso o Azkar mellorou no seu xogo e así conseguiu poñerse rápidamente por diante con dous goles nun minuto e xa non deixou escapar os tres puntos.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 4: Vila, Brais, Jacobo, Borja e Bruno, -cinco inicial-, Luís, Noel, David, Mera, Óscar e Noé.
Concello de Vigo IES Coruxo 1: Tomás, Andrés, Manuel, Erik e Armada, -cinco inicial-, Sergio, Carlos, Adrián, Álvaro e Domínguez.
Árbitro: Manuel Saa (Lugo).
Incidencias: 1ª xornada da liga autonómica infantil. Centro Deportivo Terra.
Goles: 0-1 min. 15 Erik, 1-1 min. 23 Jacobo, 2-1 min. 27 Borja, 3-1 min. 27 Jacobo e 4-1 min. 41 Bruno.
O infantil xoga este sábado desde as 13:30 horas no Pavillón Vista Alegre ante o Burela FS.











