O Azkar Lugo non contará con Óscar Iglesias para enfrontarse a El Pozo Murcia
Na 5ª xornada de liga en 1ª división que este venres (21:00 horas – Palacio dos Deportes de Murcia) que enfrontará ao Azkar Lugo ante ElPozo Murcia, o equipo lucense conta coa baixa por sanción de Óscar Iglesias.

Cospe e Diego Ríos
Na rolda de prensa previa ao enfrontameto tato Cospe coma Diego Ríos fixeron as seguintes declaracións:
Cospe:
“Estou entrando na dinámica do equipo e estoume atopando máis a gusto a nivel de adestramentos e sobre todo a nivel de competición”.
“Contra ElPozo temos que seguir crecendo, sobre todo ser máis regulares durante os 40 minutos, e despois no resto ter a sorte que lles salga un mal partido e logo nós facer o que temos que facer. É ElPozo, pero temos que facer o noso partido e pase o que pase intentar facelo o mellor posible. É un partido no que imos aprender moitas cousas, competir, pero hai que gozar o que se poida ao máximo”.
“Estamos competindo ben pero temos que sobre todo co resultado a favor saber manexar mellor ese aspecto e levar o partido máis ao noso lado, manter o mesmo nivel todo o partido e non ser tan irregulares. Contra Burela o equipo estivo moi ben e puidémonos levar o partido”.
Diego Ríos:
“En Murcia temos que facer todo ben, a nivel de ataque estar moito máis acertados na finalización e a nivel defensivo seguir encaixando poucos goles, e logo que realmente ElPozo non teña o seu mellor día”.
“Estamos tranquilos porque estamos xerando moito. Pero evidentemente os dous últimos partidos non os perdemos, pero tamén é certo que dos catro non gañamos ningún. Imos seguir currando como estamos facendo cada semana e esperando a que chegue esa primeira vitoria que cos dous puntos que temos agora mesmo nos lance un pouco na clasificación”.
“O equipo día a día crece, a nivel de mentalidade, a nivel de gañas de facer eses tres puntos. En liñas xerais contra Burela foi un empate máis ou menos xusto pero en liñas xerais nós estivemos un pelín mellor que eles, iso demostrounos que podemos competir”.











