O Azkar Lugo mantén a dúbida na participación de Aranburu para o encontro co Burela

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+
Jandri e Diego na rolda de prensa

Jandri e Diego na rolda de prensa

Na tarde deste mércores celebrouse a rolda de prensa previa, coas declaracións dos protagonistas, de cara ao choque deste venres (21:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) que enfrontará ao Azkar Lugo, no derbi lucense, ante o Burela Pescados Rubén dentro da 4ª xornada de liga en 1ª división. Para este encontro o Azkar segue mantendo a dúbida na participación do seu capitán Aranburu que perdeuse os dous últimos compromisos por lesión.

Declaracións:

Jandri:

“Estamos seguindo unha escala positiva, cada partido imos a mellor, en Peñíscola xa se notou un aumento de regularidade durante os 40 minutos e creo que foi o positivo para poder puntuar”.

“Burela é un equipo que sabemos que cada partido vai ir a máis e que vai estar aí arriba. Si que é verdade que non está puntuando o esperado, pero aos poucos e partido a partido van ir sumando puntos si ou si”.

“Si que é un partido especial para min, é xogar contra a miña casa, pero o rival xa o coñezo, xa levo varios partidos xogados e obviamente é bonito xogar contra eles, pero un xa se vai afacendo a esa rivalidade”.

“É o mellor xeito de gañar, en casa, contra Burela, con iso xa quere dicir todo, poder brindarlle a primeira vitoria da tempada á afección ante Burela sería o máis bonito”.

Diego Ríos:

“Sigo enfadado porque vexo o resto de partidos, pasan cousas raras, e a nós os árbitros non nos tratan igual. Díxeno o ano pasado, díxeno gañando, díxeno perdendo, díxeno con cero puntos, díxeno preto da Copa, e sígoo dicindo agora. Son diferentes barras de medir, din que non é unha situación manifesta de gol. Para min é unha xogada decisiva”.

“Burela ten un equipazo, pero son xogadores moi bos pero que aos poucos terá que ir formando o equipo Juanlu, é un pouco precipitado porque van tres xornadas e pedirlles agora mesmo que sexan un equipo compacto é máis difícil. É un equipo que a priori se pensa que vai estar entre os catro ou cinco primeiros e iso indica que vai ser un partido complicado”.

“A liga é moi competitiva e non hai ningún partido asequible. Todo o que podamos ir sacando, sexa da nosa liga ou non sexa da nosa liga vainos a vir ben para intentar ter un ano tranquilo e chegar a unha parte final de calendario cun colchón ou nese grupiño de equipos tranquilos”.

“Os últimos derbis din que a nivel de estatística son resultados curtos, pero hai que ver como están eles na finalización, nós si todas esas situacións que xeramos convertémolas en gol pois igual o partido vaise a máis goles… Estes dous últimos anos foron resultados curtos, os derbis teóricamente axústase máis todo, pero pode pasar calquera cousa”.

2 de outubro de 2013 | 22:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.