O Azkar Lugo fomenta o deporte nos centros escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Sinatura dos convenios colaboradores

Sinatura dos convenios colaboradores

O Hotel Méndez Núñez da capital lucense acolleu a firma do convenio de colaboración que a Fundación Azkar e o Azkar Lugo FS leva a cabo cos centro escolares da cidade, firma que se realiza por decimoterceiro ano consecutivo nunha das actividades de responsabilidade social que levan a cabo a Fundación e o club. Ademais dos centros escolares, a este convenio tamén se adhiren diferentes clubs deportivos da cidade.

Ao acto da firma dos convenios de colaboración asistiron o Xerente de Transportes Azkar en Lugo, Oriol Gonzalvo, o Secretario da Fundación Azkar e Presidente do Azkar Lugo FS, Manuel Vázquez e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, así como representantes dos colexios que decidiron renovar o convenio.

Algunha das cláusulas que se asinan no acordo son:
– Os alumnos/as dos centros, con licenza federativa de fútbol sala, recibirán de forma gratuita un carnet de abono infantil para acudir aos partidos do Azkar Lugo FS.
– Descontos en compras que se realicen nas tendas ASport21, en servizos de fisioterapia na clínica de fisioterapia Roberto Martínez e na Clínica de Podoloxía “O Camiño”.
– Visitas dos alumnos aos adestramentos do primeiro equipo do Azkar Lugo FS así como de membros do club aos centros escolares.
– Tarifa especial para os familiares directos dos alumnos no ximnasio do Centro Deportivo Terra.
– Os monitores de fútbol sala poderán recibir asesoramiento bibliográfico por parte dos adestradores do Azkar Lugo FS.
– Dereito prioritario para participar nos Torneos que organizan a Fundación Azkar e o Azkar Lugo FS.

Os colexios e clubs que asinaron o convenio de colaboración son:
    – ASPNAIS.
    – Colexio A Ponte.
    – Colexio Galén.
    – Colexio Illa Verde.
    – Colexio María Auxiliadora.
    – Colexio Divina Pastora-Salesianos.
    – Colexio Virxe da Soidade.
    – IES Anxel Fole.
    – IES Manuel Leiras Pulpeiro.
    – Colexio San José.
    – ANPA Colexio Sagrado Corazón.
    – CEIP Quiroga Ballesteros.
    – Colexio Paradai.
    – Colexio Divino Maestro.
    – Colexio Anexa.
    – Colexio Milagrosa
    – ADC Lumieira Lugo.
    – Franciscanos Lugo.
    – Concello de Guitiriz.

21 de outubro de 2013 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.