O Azkar buscará este martes ante o Magna Navarra a súa primeira victoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras dous partidos moi serios, ante Burela en Lugo e en Murcia ante ElPozo, o Azkar Lugo está xa con ganas de que chegue o seu próximo enfrontamento, o da 6ª xornada de liga ante o Magna Navarra. E farao de forma inmediata xa o martes (21:00 horas – Pazo Municipal dos Deportes de Lugo) recibe ao conxunto navarro na única xornada entresemana prevista para esta tempada. Ademais este venres os lucenses volverán xogar en Lugo, nesta ocasión recibindo o Manacor, polo que se presenta unha semana cargada de partidos.

Os de Imanol Arregui chegan a Lugo con repartición de vitorias e empates nos seus catro partidos disputados, e cos seus seis puntos son novenos na táboa. Os verdes deron un xiro ao seu proxecto nestes dous últimos anos, apostando tamén pola xuventude, polo que se prevé un partido competido e no que primarán de novo os pequenos detalles. O Azkar está con boas sensacións, tras realizar dous bos partidos ante equipos de entidade, pero agora tamén quere que ese bo rendemento se traduza na primeira vitoria da campaña.

O Magna Navarra, que mañá martes pola mañá se adestrará no Pazo, chega a Lugo coa única baixa dun dos seus porteiros, Álex, entrando na convocatoria Jion Navarro do seu equipo filial. Nos lucenses é baixa para o choque Óscar Iglesias por sanción e Cospe por lesión mentres que Jandri será dúbida ata última hora.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Lugo:
Vitorias Azkar Lugo: 7
Vitorias Triman Navarra: 3
Empates: 2

14 de outubro de 2013 | 14:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.