O antigo campamento militar de Ferrol terá usos relacionados co turismo e o ocio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe Covas con motivo da nova fase do Plan de Barrios, e mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Veciños desta parroquia do rural. Neste encontro participaron tamén os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos e de Zona Rural –Borja Carro Muñoz e José Polo Veiga, respectivamente- así como os responsables dos servizos municipais.

Ademais de repasar as intervencións de mellora e conservación en roces de camiños e cunetas, de limpeza ou de pintado e sinalización, entre outras, Rey Varela avanzou á agrupación veciñal que a intención do Goberno Municipal é que o antigo campamento militar de Covas acolla usos relacionados co turismo e o ocio. Así, no plan en que traballa o Executivo ferrolán contémplanse para esta parcela –unha das que forman parte do convenio xa acordado con Defensa e que proximamente se aprobará en Pleno- zonas de albergue e acampada, para autocaravanas e destinadas ao ocio. “Non imos inventar nada novo. Traballamos a partir da proposta de intencións que xa existía pero reformulándoa e adaptándoa á actualidade”, indicou o alcalde. Neste sentido, o alcalde apuntou que proximamente se aprobará en pleno o convenio xa acordado co Ministerio de Defensa para a cesión desta e doutras propiedades sen usos militares. “Levaremos a pleno a aprobación do convenio cando estean completos todos os informes preceptivos e buscando o maior consenso posible”, engadiu Rey Varela.

Plan de Barrios

No que atinxe ás tarefas desenvolvidas en Covas ao abeiro do Plan de Barrios, o primeiro edil destacou algunhas das máis significativas:

– Limpeza e roces de noiros, marxes de camiños, pistas e terreos.

– Lavado e varrido mecánico mecánico da zona, con especial atención á estrada principal e ao contorno do local social.

– Limpeza da fonte de Soagraña e dos lavadoiros de Rajón, Covarredeiras e A Pedreira.

– Pintado de 7 stops e 3 cedas ao paso. Ademais, da instalación de 3 sinais verticais de stops, 3 cedas ao paso e 3 espellos.

– Revisión de funcionamento e estado dos xogos no Parque Infantil Plaza de Covas e no Parque Biosaudable en AA.VV Covas. Sega e roce da zona verde destes parques.

1 de outubro de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.