O alcalde de Cambre visita as obras da nova Base de Protección Civil

Visita ás obras
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, visitou hoxe xunto aos técnicos municipais a obra da “Nova Base de para o Servizo de Protección Civil” que leva a cabo a empresa “Proxecta Actividades Profesionais da Construción” por un importe de 239.626 euros. A obras deixou prevista para un futuro unha posible ampliación para executar un segundo piso se fose necesario. Confirmou que as obras avanzan a bo ritmo e que se cumprirán os prazos previstos. Así, antes de que comece o período do Nadal Cambre contará xa cunha base de Protección Civil. “Cremos que o lugar é idóneo posto que se trata dunha parcela estratéxica no centro do municipio, o que posibilitará actuar cun maior tempo de resposta ante calquera incidente,”.
Segundo o alcalde, trátase dunha obra prioritaria xa que actualmente a dotación do Servizo de Emerxencias está situado no Tempero nun terreo cedido por un particular, polo que urxe que conte coa súa propia infraestrutura. “Antes de que remate o ano teremos unha base en condicións como se merece o Servizo de Emerxencias Municipal”, apuntou o mandatario cambrés.
A nova instalación para o Servizo de Protección Civil estase a instalar nunha parcela anexa ao instituto de Sigrás, o IES David Buján. O proxecto que puxera en marcha o anterior executivo local non contaba coa cualificación oportuna, xa que se trataba dun terreo urbano non consolidado ao tratarse dunha parcela que non chega ao a condición de soar por non contar cos servizos básicos necesarios, uns problemas que atrasaron a contratación destas obras que están financiadas nun 79% pola Deputación.
O goberno actual de Cambre decidiu utilizar a parcela anexa ao instituto de Sigrás de 2.400 metros cadrados co fin de acelerar o proceso e de non perder esta axuda económica do ente provincial. En concreto, o convenio actual coa subvención Deputación faise cargo do 79,8% da obra, mentres que o concello se faría cargo do 20,2%.











