O ala laranxa Antoñito estréase coa Selección Española Absoluta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Unha xogada de Antoñito no encontro co Barcelona

Unha xogada de Antoñito no encontro co Barcelona

O ala laranxa Antonio Sierra García, Antoñito, estréase coa Selección Española Absoluta, na súa viaxe a Portugal para medirse ao combinado luso en dous amigables hoxe e mañá, preparatorio para o Europeo de Bélxica (28 de xaneiro-8 de febreiro). “Vou con moitas ganas de aprender cos mellores. Estou moi contento coa acollida dos meus compañeiros e espero aproveitalo ao máximo” dixo con emoción o xogador do CD Burela FS Pescados Rubén, integrado xa na concentración desde o sábado.

Antoñito recibiu a noticia o venres pola noite despois a vitoria na pista do Ribera Navarra (2-6): “Foi unha gran sorpresa” asegurou o ala burelista moi ilusionado, que valorou a chamada de Venancio López como “o mellor premio a todos estes anos dedicados ao fútbol sala, nos que a miña familia, especialmente meu pai, sempre me arroupou e acompañado”. Con dúas participacións coa Selección Sub-21, o madrileño, que chegou este verán á Mariña procedente do Caja Segovia, debuta na Absoluta a punto de cumprir os 23 anos.

O partido de hoxe comezará en Tavira, ás 21.15 horas. A localidade de Loulé acollerá mañá o segundo amigable.

28 de outubro de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.