O 31 de outubro regresa a Pontevedra a Noite dos Calacús

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Noite dos Calacús volve á cidade este xoves, 31 de outubro, da man da Concellaría de Festas, que xestiona Carme da Silva, cos obradoiros infantís de decoración de calacús que se iniciarán ás 18.00 horas na praza da Verdura. Este será o lugar de encontro no que pequenos –e non tan pequenos- poderán decorar as súas cabazas, unha tradición con moito arraigame na Galiza coa chegada do solstizo de inverno.

Acompañados de música que animará a festa, os obradoiros buscan recuperar esta tradición galega que tiña unha grande importancia para a Galiza agraria dado que supoñía a fin da tempada de colleitas e o comezo da “estación escura” co solsticio de inverno. Era costume celebrar esta festa na véspera do Día de todos os Santos.

A Concellaría convida a todos os pontevedreses a achegarse até a praza da Verdura para aprender a vaciar calacús, decoralos e colocarlles un cirio no interior para iluminar esta longa noite. Quen o desexe poderá deixar os seus traballos polas fiestras e portas decorando o centro histórico da cidade, quen non, poderá levalo para casa.

28 de outubro de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.