Novagalicia Banco e os empresarios de San Cibrao asinan un protocolo de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao e Novagalicia Banco asinaron un acordo polo que ambas as dúas entidades colaborarán na realización de accións de apoio ás empresas. En virtude deste acordo os empresarios de San Cibrao beneficiaranse de produtos e servizos financeiros de Novagalicia Banco en condicións vantaxosas.

Ao longo dos próximos meses a Asociación de Empresarios de San Cibrao realizará accións dirixidas a impulsar a actividade empresarial. Coa colaboración de Novagalicia Banco poñeranse en marcha diferentes programas de asesoramento sobre autoemprego, prevención de riscos, e aplicación das novas tecnoloxías para a creación de negocios.

“Cremos que a colaboración entre os distintos organismos, e máis nestes momentos, é fundamental para seguir crecendo e levar a cabo novos proxectos empresariais”, sinalou Elías Mera, presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao. “Con este acordo reforzamos o noso apoio ao tecido empresarial de Ourense”, indicou Juan Carlos Carneiro, director territorial de Novagalicia Banco en Lugo e Ourense.

Novagalicia Banco mantén un forte compromiso coa dinamización da economía galega a través de acordos con asociacións empresariais e profesionais como o subscrito coa Asociación de Empresarios de San Cibrao. No primeiro semestre de 2013 a entidade investiu en Galicia un total de 2.159 millóns de euros en créditos novos e aumentou un 2% a súa cota de mercado de crédito en Galicia, con especial incidencia no crédito novo a micropymes, pemes, autónomos, emprendedores e empresas medianas.

21 de outubro de 2013 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.