Nova xuntanza dos clubs de lectura da Biblioteca de Ordes
A biblioteca municipal de Ordes continúa cos seus clubs de lectura que hai escasas semanas iniciaron a súa actividade e andadura. Tanto o grupo infantil como xuvenil viviron na tarde de hoxe unha nova xuntanza na que poideron poñer en común e debatir distintos aspectos das últimas lecturas que levaron a cabo.
Os obxetivos que se perseguen con esta iniciativa son principalmente o de fomentar o hábito á lectura, aproximar a biblioteca e os seus fondos á veciñanza, ademais de poñer en contacto a xente coa mesma afección polos libros e coas mesmas inquedanzas.











