Nova campaña de Tarxeta de Fidelización de clientes do Morrazo
Despois da experiencia vivida a pasada primavera coa campaña BENVIDO A BORDO, na que se introducía a tarxeta de fidelización na actividade consumidora do Morrazo, unha vez máis FECIMO aposta por esta ferramenta co obxectivo de poñer en valor as empresas da nosa comarca.
Coa tempada Outono/ Inverno as empresas asociadas participantes nesta iniciativa denominada EXPRÍMEA!, repartirán a partir do vindeiro 5 de outubro 20.000 tarxetas que os clientes utilizarán a modo de pasaporte. Cada vez que merquen nun destes establecementos recibirán un adhesivo e cando obteñan catro de diferentes empresas, cubrindo así os espazos do reverso da tarxeta, poderán introducila na furna de calquera das empresas da promoción.
Cantas máis tarxetas entregue máis posibilidades terá de conseguir un dos 25 premios de 100 € en cheques compra que se sortearán. Os clientes contarán con dous meses para cubrir ditas tarxetas e terán ata o día 9 de decembro para entregalas. Para saber qué empresas están adheridas a esta promoción, poderán identificarse polo cartel coa imaxe da campaña que estará nun lugar visible do exterior do establecemento. Ademais a cartelería da campaña contén un código QR co que a través do móbil poderá comprobar o listado por localidades.
Nos tempos difíciles que se están a vivir, esta campaña ten como obxectivo a fidelización dos clientes que mercan nas empresas locais e que disfrutan do que lle ofrece tanto o noso comercio coma a hostalaría outros servizos.
FECIMO quere animar ao público a descubrir o tecido empresarial da comarca gracias a ter que acadar os adhesivos de catro empresas diferentes. Confíase no éxito desta promoción que axudará a que os clientes tomen conciencia de que na diversidade de empresas de Bueu, Canga ou Moaña poden ver cubertas as súas necesidades.











