‘Nocturnia’ ofrece no último trimestre do ano 1.000 prazas en 41 actividades
A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude informa de que o próximo venres, 25 de outubro, arranca unha nova edición de Nocturnia, o programa municipal de ocio alternativo dirixido a mozos de entre 12 e 30 anos.
Así, durante o último trimestre do ano, o plan de participación xuvenil ofertará case 1.000 prazas en 41 actividades organizadas nos ámbitos físico – deportivos, artístico – creativos, ou lúdico – recreativos, formativos e tecnolóxicos; todas pensadas para facilitar situacións onde unha xuventude saudable e dinámica se formule, durante o fin de semana, outras alternativas diferentes ás habituais por medio de diferentes prácticas deportivas urbanas ou no medio natural.
En concreto, entre os meses de outubro e decembro, a Concellaría de Xuventude organizará talleres de tai – jitsu, coiro, xabóns, amigurumi, costura, surf, zumba, ritmos latinos, italiano para viaxeiros, a arte da sedución, micoloxía, ou cupcakes; ademais de propostas de ecodiseño sostible, iniciación teatral, repostaría creativa ou rutas ambientais. O obxectivo é o de manter o apoio a actividades minoritarias e alternativas promovidas por asociacións xuvenís, culturais e deportivas da cidade; e facilitar o achegamento dos mozos aos equipamentos culturais, optimizando o seu uso e apertura fóra dos horarios convencionais.
As actividades de Nocturnia darán comezo o venres 25 de outubro e a inscrición pode realizarse a través da web www.coruna.es/nex. Este programa de actividades complementarase coa proposta de accións formativas para mozos que se continuará no mes de novembro.
A última edición do programa de ocio para mozos Nocturnia de la Concejalía de Educación, Deportes e Xuventude pechará 2013 cunha oferta para mozos consolidada na que, a final de ano, se terán incrementado un 40% as prazas ofertadas en propostas de ocio xuvenil. En total, no ano 2013 organizáronse 165 actividades con máis de 4.000 prazas para mozos de 12 a 30 anos.
Locais de ensaio
Ademais, durante este mes de outubro, tamén deu comezo o novo semestre dos Locais de ensaio para mozos que contan, unha vez finalizado o proceso de solicitude, con 42 grupos que xa arrancaron os ensaios. No proxecto participan un total de 148 mozos músicos cada semana.











