Nigrán restaura 250 fernandinas distribuídas ao longo de toda a liña de costa
O goberno Nigrán restaura as fernandinas instaladas en toda a liña do litoral. En total, 250 farois entre A Ramallosa e a praia de Patos, que ademais de ser restauradas e pintada, lucirán a próxima semana novas luminarias, que mellorarán a eficiencia enerxética da iluminación en toda a liña de costa do municipio.
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, subliña o lamentable estado de deterioración na que se encontraban os farois fernandinas ao longo de todo o litoral do municipio, “sometidos a un abandono absoluto nos últimos anos, transmitindo unha imaxe de desleixo absoluto nun dos sitios con maior afluencia de xente do municipio”, observa.
Ademais da recuperación das fernandinas, que sen dúbida ningunha redundará nunha mellora da imaxe do municipio, o rexedor municipal subliña o cambio das luminarias dos devanditos farois por lámpadas de indución electromagnética, “que mellorarán a eficiencia enerxética e “reducirán o custo no consumo destas”.











