Nigrán organiza as II Xornadas sobre Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, a Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán está a organizar II Xornadas sobre Violencia de Xénero: Abusos sexuais na infancia e adolescencia.

As xornadas desenvolveranse os días 14 e 15 de novembro en horario de tarde. Próximamente abrirase o prazo de inscrición. Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no tlf: 986383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

27 de outubro de 2013 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.