Negreira asegura que Coruña Futura axústase aos criterios marcados pola Unión Europea
O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, participou, esta mañá, no Encontro Nacional de Pactos Locais polo emprego: experiencia e boas prácticas, que se celebrou no Ágora e no que ofreceu unha conferencia a secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás, sobre a Programación de Fondos Europeos 2014 ” 2020 e o cambio de criterios para acceder a esas partidas. Neste sentido, o Alcalde destacou que A Coruña xa fixo os deberes, xa que “o proxecto Coruña Futura vai nese enfoque: traducir as fortalezas da cidade, orientar o noso desenvolvemento futuro e enfocarlo financieramente con Europa; porque si cambian os motivos temos que definir ben os proxectos”. “Coruña Futura -continuou- é un documento estratéxico que vai en consonancia aos criterios marcados pola Unión Europea e no que este Goberno local xa leva ano e medio traballando”.
O Alcalde subliñou a importancia de contar co Pacto Local polo Emprego, un acordo que integra a 23 entidades públicas e privadas da cidade e que pretende fomentar o traballo en rede cos principais axentes económicos e sociais. “Cada unha das decisións que toma este Goberno está enfocada a crear emprego. Agradezo a cada unha das entidades que participaron no deseño da estratexia polo emprego e que permitiu que, dentro da Rede Coruña Emprega 2, entre o 70 e o 80% de alumnos accederon a un posto de traballo”, subliñou.
Para finalizar, Carlos Negreira destacou o papel da Universidade da Coruña (UDC) no ámbito da innovación. Neste sentido, recordou que o ano pasado 15 alumnos introduciron factores diferenciales ás empresas, en consonancia cos retos de futuro da Unión Europea, a través do proxecto Axentes de Innovación. Un programa pionero que se integra tanto no Pacto Local polo Emprego como na Rede Coruña Emprega e que se desenvolve en colaboración coa UDC para mellorar competitividad das empresas e favorecer a inserción laboral dos universitarios recentemente titulados.











