Negreira afirma que Agrela ten futuro e avanza que o deseño do plan director atópase na fase final

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Presentación do libro

Presentación do libro

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira asegurou hoxe que Agrela “ten pasado pero lle queda moito futuro” no acto de presentación do libro conmemorativo das vodas de ouro do polígono 50 anos de historia do polígono industrial, a arteria socioeconómica da Coruña.

Negreira, que asegurou que non concibe A Coruña sen Agrela, ratificou o compromiso do Goberno local co polígono: “Agrela é e forma parte do noso ADN, é un barrio máis, onde se cultiva emprego, así que temos que tratar de coidalo e mimalo, afirmou e engadiu: “Seguiremos apostando por realizar obras como as que estamos a levar a cabo e pensa no futuro a través do plan director que estamos a punto de culminar e que recolle todas as propostas tanto do Goberno local coma da directiva da asociación”. O alcalde subliñou que o modelo de cidade futura conta con Agrela e que se está a traballar para mellorar en materia de mobilidade, seguridade, pavimentación e servizos.

O rexedor destacou o labor da Asociación de Empresarios Agrela nos seus 40 anos de vida e destacou o entusiasmo de todo o equipo directivo na conmemoración do aniversario do polígono: Agradézovos toda a ilusión coa que vos estades a envorcar nos actos de celebración do aniversario. Sodes persoas con entusiasmo que sempre estades pendentes de ver o que se pode facer por mellorar este polígono. Non é doado para unha asociación chegar aos 40 anos e con estas ganas”, asegurou.

Negreira felicitou o autor do libro, José Manuel Zas, e a directiva da asociación de empresarios por tratar de recuperar a historia do polígono: “Agrela ten pasado, pero tamén un presente de xente loitadora, que está a abrir empresas neste polígono e dando o ben máis prezado: emprego. Agradézovos que a pesar de todas as dificultades fagades este esforzo e espero que esteamos no camiño da recuperación”.

O alcalde finalizou animando os empresarios a manter a ilusión e a seguir sendo combativos para continuar xerando oportunidades outros 50 anos máis: “A cidade conta convosco”, finalizou.

21 de outubro de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.