Neda promove cursos gratuítos de iniciación á informática
O Concello de Neda, a través da Concellería de Educación e Cultura, anunciou esta mañá a apertura do prazo de inscripción para participar nos Cursos de Informática que porá en marcha na segunda quincena do mes. Segundo explicou a concelleira de área, Eva Olmo, os cursos serán de iniciación á informática, para persoas sen coñecementos previos.
Serán de 30 horas de duración, repartidas en dúas horas dous días á semana e impartiránse en dúas quendas, na Aula de Informática da Casa da Cultura e os grupos estarán limitados a un número máximo de alumnos para facilitar a aprendizaxe. A concelleira Eva Olmo explicou que as persoas interesadas en participar nesta iniciativa tan só deben formalizar a inscripción na Casa da Cultura ou ben chamar ao número de teléfono 981 39 02 33. A asistencia aos cursos de informática é completamente gratuíta e forma parte da oferta de actividades que orga-niza o Concello na Casa da Cultura.
Así mesmo, a responsable de Educación e Cultura sinalou que os cursos son posibles grazas ao convenio de colaboración asinado entre o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o centro educativo Rodolfo Ucha e polo cal o Concello ofrece prácticas formativas a alumnos e alumnas dos últimos cursos das instalacións educativas.











