Neda inaugurará a Antiga Casilla coa presenza de familiares dos últimos legoeiros
O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, estará acompañado mañá sábado, no acto de inauguración da Antiga Casilla do Puntal, por familiares dos últimos legoeiros que moraron as instalacións hai décadas. É o caso de Pilar Santiago Suárez, filla de Antonio Santiago Arias, o último peón caminero que traballou e viviu no lugar. De feito, ela mesma naceu na Casilla, onde pasou a súa infancia e tamén adolescencia e que só abandonou cando ca-sou. Moitas lembrazas e historias gardan os muros desta construcción, antiga caseta dos peóns camineros. Parte viva da fisonomía arquitectónica e da memoria colectiva da real vila. Para traelos ao presente, e tras as obras de recuperación, o Concello invita á veciñanza ao seu acto de in-auguración, que terá lugar a partires das 13 horas.
Tras caer en desuso o inmoble foi sufrindo un progresivo estado de deterioro que rematou prácti-camente coa súa declaración de ruína. De feito, del apenas quedaban os muros. Tras a cesión da Xunta ao Concello, o goberno municipal que dirixe Ignacio Cabezón Lorenzo, buscou a financia-ción necesaria para iniciar o proceso rehabilitador. Así, a Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, concedía finalmente unha achega ao Concello que permitía sufragar o 85% das obras, orzamentadas en 88.000 euros.
A partir dagora, a Casilla do Puntal converteráse nun novo centro cultural para o municipio, xa que albergará exposicións, presentacións de libros, conferencias… Destinaráse tamén ás asocia-cións, que poderán desenvolver as súas actividades e para o cal o Concello desenvolverá un regu-lamento de uso e, a maiores, poderá ser escenario para a celebración de matrimonios civís. Así mesmo, e tras o acto de inauguración, a CCRD Puntal levará a cabo a súa II Xornada
Gastronómica, que incluirá a tradicional comida de confraternidade e as actuacións musicais das formacións Parranda La Nuestra e Aplauso Show. Unha cita moi especial que se prevé multitudi-naria, aberta a todo o que estea interesado, e que terá lugar no campo anexo á Casilla, coñecido como campo da festa. En caso de fortes choivas celebraríase na pista polideportiva da citada sociedade.











